Conxecturas artwork

Conxecturas · José Antonio Martínez

150. Traballo fixo e liberdade

Este é o episodio 151 do podcast Conxecturas de @joseantonio, publicado o 4 de novembro de 2026. Podes deixar comentarios de texto e audio neste enlace. Es de quen cres que un traballo fixo faría á xente máis libre? Mércores, 4 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. A precariedade laboral coarta en moitos casos o exercicio de dereitos fundamentais das persoas. Non é que quen se mova non sae na foto, como dicía Alfonso Guerra para falar da realidade dos partidos políticos, senón que quen fale, non digo proteste, ou que simplemente faga unha pregunta pode ver a súa estabilidade económica moi comprometida. Calquera pensaría que os traballadores da Función Pública, con traballo e salario asegurado, serían máis activos na defensa da calidade dos servizos públicos nos que están a traballar, sen tanta reverencia ao cargo político de turno, ou das súas propias condicións laborais. E hainos que si. Deberiamos estarmos obrigados a un compromiso activo polo público coma resposta á nosa estabilidade laboral?

Nov 42026
1 minlength
16transcript lines
Publishertranscript source

Transcript first 15 of 16 lines

0:00É de quen crees que un traballo fixo faría xente máis libre?

0:04Mércores, 4 de novembro, son José Antonio e isto é con seturas.

0:08A precariedade laboral coarta en moitos casos o exercicio de direitos fundamentais das persoas.

0:14Non é que quen se mova non sale na foto, como decía Alfonso Guerra,

0:18para falar da realidade dos partidos políticos,

0:21senón que quen fale, non digo proteste,

0:24ou quen simplemente faga unha pregunta, pode ver a súa estabilidade económica moi comprometida.

0:30Calquera pensaría que os traballadores da función pública

0:33cun traballo e un salario asegurado

0:35serían máis activos na defensa da calidade dos servicios públicos

0:39nos que están a traballar

0:41Sen tanta reverencia ao cargo político de turno

0:44ou reclamar sobre as súas propias condicións laborais

0:47E hai nos que sí

0:49Deberíamos estarmos obrigados a un compromiso activo polo público

More Conxecturas episodes →