Conxecturas artwork

Conxecturas · José Antonio Martínez

145. Fenómeno fan.

Hai prestos que aparecen nas sobremesas das comidas. Dedicado a Gore. Es de quen cre que Jorge Drexler é o Justin Bieber dun público de mediana idade orientado á esquerda? Martes, 27 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Hai moito fan. Persoas que siguen a persoas, equipos, grupos, que se implican con elas máis alá do que parecía normal (é dicir, habitual, do que fan noutros ámbitos da súa vida). Hai quen fai km para acompañar a un equipo de fútbol a un partido irrelevante a golpe da metade da semana laboral. Hai que paga case o salario mínimo interprofesional por ver unha actuación "única". Hai quen é quen de pasar-perder un día á cola á espera da entrada a un espectáculo "irrepetible". O fenómeno fan xa ten os seus anos (quen non viu imaxes dos Beatles en branco e negro). Non distingue xa de idades, credos e orientacións políticas. Non hai mellores nin peores. Hai fans. E tamén drexliebers.

Oct 272026
1 minlength
18transcript lines
Publishertranscript source

Transcript first 15 of 18 lines

0:00desde que encree que Jorge Dresler e o Justin Bieber dun público de mediana idade orientado á esquerda.

0:06Martes 27 de outubro son José Antonio e isto é con seturas.

0:10Hai moito fan.

0:12Persoas que siguen a persoas, a equipos, a grupos,

0:15que se implican con elas máis salado que parecería normal,

0:18é dicir, habitual do que fan noutros ámbitos da súa vida.

0:23Hai que en fai quilómetros para acompañar un equipo de fútbol

0:26a un partido irrelevante a golpe de metade de semana laboral.

0:30hai quen paga casi o salario mínimo interprofesional

0:33por ver unha actuación única

0:35hai quen é quen de pasar perder un día a cola

0:38á espera da entrada dun espectáculo irrepetible

0:41o fenómeno fan xa ten moitos anos

0:44que non viu imaxes dos Beatles en branco e negro

0:47non distingue xa de idades, credos e orientacións políticas

More Conxecturas episodes →